Din que hai galegos na lúa, en Tahití, na Selva Amazónica coas tribos máis ignotas. Onde non hai galegos é na NBA, e non porque non puideran. O que si hai é unha chea de galegos que facemos as de dios por seguir esta Liga de horarios infernais
terça-feira, 17 de novembro de 2009
OUTRA VEZ NOWITZKI!!!
Outravolta Dirk Nowitzki armou unha das súas. Fíxoo nun partido que tiña unha pintaza. Os Mavericks, despois de gañar axustadamente en Detroit, visitaban uns Bucks que se impuxeran no partido anterior aos Golden State Warriors cun partido memorable de Brandon Jennings do que xa falamos fai dous posts. Dallas chegaba sen Dampier nin Josh Howard, ambos os dous mancados. Carlisle ten un plantel completísimo. A Dampier relevouno á perfección Drew Gooden, que fixo o seu mellor partido dende que chegou aos Mavs, con 22 puntos e 14 rebotes. A baixa de Josh Howard agochárona ben os homes baixos do equipo: Terry, sempre superfiable, chegou aos 19 puntos, o rookie Beaubois fixo 12 e Barea 11 cun 3 de 5 en triples. Mentres, Mr. Jason Kidd quedou a un punto do triple doble (9 puntos, 10 rebotes e 17 asistencias). Canto Nowitzki... non foi a priori o mellor partido de Nowitzki, inda que acabara o xogo nos seus números (32 puntos e 11 rebotes). Por debaixo do 50% de acerto en tiros de campo, 12 de 25, foi moi ben defendido especialmente por Ersan Ilyasova. O turco fixo o seu mellor partido como profesional da NBA con 19 puntos (4 de 7 en triples) e 12 rebotes, e, sobre todo pola súa defensa do alemán e por dar a cara en ataque nos momentos máis difíciles do partido. Se cadra, de defender Ilyasova a Nowitzki na última xogada, no canto de Mbah-a-Moute, outro galo cantaría. Pero o caso é que no último suspiro do partido colleu o balón decisivo e cun fade away memorable sobre a buguina deulle a oitava vitoria (115-113) aos seus. A Jennings inda lle quedan anos para ter a capacidade de gañar partidos no último segundo. Onte tivo ocasión de evitar a prórroga e logo de meter a canastra decisiva no tempo suplementario e errou nas dúas ocasións. Ben é certo que aínda leva apenas 8 partidos na NBA. A famosa xogada de Nowitzki foi esta.
Etiquetas:
Dallas Mavericks,
Dirk Nowitzki,
Milwaukee Bucks
segunda-feira, 16 de novembro de 2009
MERECIDA REVANCHA DOS ROCKETS CUN GRAN AARON BROOKS
Facía unha semana os Lakers impuxéranse no Toyota Center grazas a unha grande intervención persoal de Kobe Bryant, o mellor do partido con 41 puntos. Onte, eran os Rockets os que visitaban o Staples Center. Desta volta Kobe non tivo o día (18 puntos cun pobre 5 de 20 en tiros de campo) e abondou para que os de Adelman cobraran revancha (101-91). O equipo texano xoga sempre coa mesma intensidade; é dicir, coa máxima intensidade, e quen non estea disposto a correr coma el, ten o partido perdido. O público anxelino acabou apupando o partido dos seus, superados en todo momento, canto á agresividade, polo rival. Apenas Artest, estimulado por enfrontarse aos seus compañeiros, destacou con 22 puntos. Tampouco foron malos os números de Andy Bynum, se ben parece que Phil Jackson explotou pouco o seu poderío, sendo como é o calcaño de Aquiles dos Rockets a ausencia dun center poderoso na pintura. Non lle fai falta aos Rockets ter unha estrela. Non está Yao Ming, non está McGrady, onte tampouco estiveron apenas Scola ou Chuck Hayes, pero sempre hai un feixe de xogadores para facer un gran partido. Onte foi a quenda do sempre cumpridor e talentoso Landry (15 puntos e 10 rebotes), do dinamarqués David Andersen que fixo o seu mellor partido da temporada (19 puntos) e sobre todo do gran Aaron Brooks, todo bravura, que fixo o máximo anotador da súa carreira (33 puntos). No partido Trevor Ariza recollleu o seu anel de campión
Etiquetas:
Aaron Brooks,
Houston Rockets,
Los Angeles Lakers
BRANDON JENNINGS PROTAGONIZA UN DÍA PARA A HISTORIA
A NBA é unha Liga moi agradecida á hora de ofrecer momentos imborrables, pero o de onte será dificilmente igualable esta temporada. O protagonista, un rapazolo de 20 anos no seu sétimo partido como profesional: 55 puntos que lle meteu el soíño aos Golden State Warriors. A xesta deixou coa boca aberta aos espectadores do Bradley Center de Milwaukee. Despois dun primeiro cuarto no que non tivo apenas protagonismo malia ser titular, e dun segundo no que brillou moito máis e mantivo un fermoso duelo co outro rookie de moda Stephen Curry; no terceiro anotou, practicamente, todo canto intentou. En doce minutos sumou 29 puntos, os mesmos que Nowitzki noutro dos partidos senlleiros da temporada. Grazas á súa intevernción persoal, Jennings axudou ao seu equipo a darlle a volta a un marcador ata o daquela adverso. No último cuarto, con 16 puntos, estableceu a diferencia final entre os dous equipos nun partido realmente igualado e que os Bucks non amarraron (125-129) ata o último minuto. Brandon Jennings convértese deste xeito no xogador máis novo da Historia da NBA (ten 20 anos) en facer 50 puntos nun partido, e quédase a 3 do mellor rexistro anotador dun rookie na Historia (Wilt Chamberlain en 1960 cos Sixers fíxolles 58 aos Pistons). Do mesmo xeito, demarra na careira polo rookie do ano. Scott Skiles frota as mans pensando que co seu novo xogador os Bucks poidan volver por fin, cinco anos despois, a disputar uns playoffs. Jennings é rapidísimo, atrevido e magnífico tirador (fixo onte 7 de 8 en triples). Aquí temos un vídeo da súa proeza.
Etiquetas:
Brandon Jennings,
Golden State Warriors,
Milwaukee Bucks
OS HAWKS DE JAMAL CRAWFORD DANSE UN SUBIDÓN DE AUTOESTIMA
Os Hawks permitíronse un subidón de autoestima tras a vitoria (97-86) ante os Celtics no Garden. Mike Woodson segue argallando un equipiño resultón, con preponderancia do físico mais non exento en absoluto de talento, e vai camiño de consolidarse entre os catro mellores equipos do Leste. Ao suxestivo quinteto inicial (Bibby, Joe Johnson, Josh Smith, Marvin Williams e Al Horford), cada ano máis curtido e maduro, engádeselle un sexto home cunha facilidade innata para a anotación: Jamal Crawford, co cal os Hawks gañarán cada vez máis partidos. Polo momento xa levan 7 de 9 (os Celtics 8 de 10). A principal arma dos Hawks é a súa mocidade e enerxía, precisamente o principal déficit duns Celtics aos que a temporada pasada xa se lles fixo longa de máis. Escollemos un vídeo de Jamal Crawford, repasando algúns dos seus mellores momentos en Knicks ou Warriors.
Etiquetas:
Atlanta Hawks,
Boston Celtics,
Jamal Crawford
sexta-feira, 13 de novembro de 2009
SHAQ DESACTIVA A HOWARD E LEBRON E MO MACHACAN AOS MAGIC
No primeiro choque despois das finais de conferencia da temporada pasada, os Cavaliers foron moi superiores (102-93) aos Magic, nun partido no que aos tres minutos Shaquille xa lle gañara a partida a Dwight Howard ao forzarlle dúas faltas persoais. Desactivada a estrela dos de Orlando, Lebron e Mo Williams fixeron estragos ante uns Magic nos que só mostrou boa cara Vince Carter (con 29 puntos), no seu mellor partido dende que abandonara os New Jersey Nets, que por certo están a ser o peor equipo da Liga, con nove derrotas en nove partidos, malia fornecérense con metade dos Magic a cambio de Carter (Corutney Lee, Rafer Alston e Tony Battie). Mo Wiliams estivo extraordinario dende a liña de 3 (4 de 5) e sumou un total de 28 puntos, mentres que Lebron estivo nos seus números habituais de MVP (36 puntos, 8 rebotes e 4 asistencias). Pero a clave foi o duelo Shaq-Howard. O veterano center forzou dúas faltas temperás de Superman, que logo tivo que penar no banco, picado no orgullo, e nuncá máis recuperou a concentración durante o partido, procurandoen defensa a Ilgauskas para non ter que cruzarse co ex-campión de Liga con Orlando Magic.
Etiquetas:
Cleveland Cavaliers,
Dwight Howard,
Orlando Magic,
Shaquille O´Neal
quinta-feira, 12 de novembro de 2009
IMPÚXOSE TALENTO DE DALLAS E O PODERÍO DE DAMPIER
Tiña moitas ganas de ver este partido entre os agresivos Rockets e os prometedores Mavericks -a miña aposta persoal para esta temporada-. E o partido respondeu ás expectativas e confirmou algunhas das impresións apuntadas nos partidos precedentes. Os de Houston saíron cunha agresividade tremenda, recios en defensa e velocísimos en ataque. Aaron Brooks, con 19 puntos no primeiro cuarto foi a mostra perfecta. No segundo cuarto apareceu Carl Landry, un coloso baixo os aros malia a súa estatura modesta (2.06). Os Rockets conseguiron unha vantaxe no marcador de 17 puntos que parecía un contratempo realmente complicado para Dallas. Pero Carlisle moveu peza, os Mavericks defenderon máis forte, moi lonxe do seu aro, obrigando a tiros difíciles aos xogadores de Adelman, que se curtocircuitaron de vez, e os cracks de Dallas comezaron a facer estragos na canastra contraria. O talento dos Mavs acabouse impoñendo (103-121)aos guerrilleiros Rockets, que só anotaron 13 puntos no terceiro cuarto. Jason Terry foi o máximo anotador do seu equipo con 24 puntos, 23 fixo Nowitzki, 14 Barea e Josh Howard. Os Mavs asinaron un 55,4% en tiros de campo cun 7 de 12 en triples. Pero sobre todas as estrelas de Mark Cuban, brillou un habitualmente secundario, Eric Dampier, que ante a falta de altura dos Rockets, erixiuse no xefe da pintura con 14 puntos e 20 rebotes.
Etiquetas:
Dallas Mavericks,
Eric Dampier,
Houston Rockets
NASH E OS TRIPLES IMPIDEN A VITORIA DOS SIXERS
Os Sixers traballaron ben na pretemporada e apuntan cousas positivas para este primeiro ano despois de Andre Miller. Pero onte, no Wachovia Center, faltoulles a madurez necesaria para lles dar a puntilla a uns Phoenix Suns que gañaron (119-115)grazas a unha actuación soberbia do gran Steve Nash, que anotou 21 puntos e deu 20 asistencias e ao tremendo acerto dende a liña de 3 (15 de 30), salientando nesta faceta Jason Richardson, que cravou 6 de 8. Despois de quedaren fóra dos play offs o ano pasado, os Suns comezaron este embalados, con 7 vitorias en 8 partidos, e afinando aínda máis a filosofía de xogo que quere Alvin Gentry. Pola súa banda os Sixers poden dar un pasiño adiante se se confirma a explosión definitiva de Thaddeus Young e, sobre todo, de Marreese Speights, que despois de que lle administrase os minutos DiLeo, conta no seu segundo ano como profesional coa total confianza de Eddie Jordan para se converter nun dos piares fundamentais do equipo. Do mesmo xeito, Iguodala é o único líder do equipo despois da marcha de Miller, polo que debe medrar o seu protagonismo, e Elton Brand ten a oportunidade de emendar a súa discreta temporada pasada. En canto Lou Williams, base titular, ten unha interesante marxe de progresión e achegará moitos puntos cada partido, pero aínda ten que madurar. Onte, nos minutos decisivos, fallou todo canto intentou, mentres que Nash gañaba el so o partido. Dediquémoslle o vídeo de hoxe ao xenial base canadense.
Etiquetas:
Philadelphia 76ers,
Phoenix Suns,
Steve Nash
Subscrever:
Mensagens (Atom)
Acerca de mim
Etiquetas
- Dallas Mavericks (10)
- Houston Rockets (8)
- Boston Celtics (5)
- Los Angeles Lakers (5)
- Cleveland Cavaliers (4)
- Denver Nuggets (4)
- Chicago Bulls (3)
- Dirk Nowitzki (3)
- Milwaukee Bucks (3)
- Oklahoma City Thunder (3)
- Orlando Magic (3)
- San Antonio Spurs (3)
- Golden State Warriors (2)
- Jason Terry (2)
- Kobe Bryant (2)
- Lebron James (2)
- Los Angeles Clippers (2)
- Luis Scola (2)
- Miami Heat (2)
- Philadelphia 76ers (2)
- Phoenix Suns (2)
- Portland Trail Blazers (2)
- Ron Artest (2)
- Toronto Raptors (2)
- Utah Jazz (2)
- Aaron Brooks (1)
- Alvin Gentry (1)
- Andre Miller (1)
- Atlanta Hawks (1)
- Baron Davis (1)
- Brandon Jennings (1)
- Carmelo Anthony (1)
- Charlotte Bobcats (1)
- Chase Budinger (1)
- Chauncey Billups (1)
- Chris Kaman (1)
- Detroit Pistons (1)
- Dwayne Wade (1)
- Dwight Howard (1)
- Eric Dampier (1)
- Indiana Pacers (1)
- J.J.Barea (1)
- JR Smith (1)
- Jamal Crawford (1)
- Josh Howard (1)
- Kevin Durant (1)
- Kevin McHale (1)
- Kurt Rambis (1)
- Larry Brown (1)
- Matt Bonner (1)
- Minnesota Timberwolves (1)
- Monta Ellis (1)
- Nenê Hilário (1)
- New Orleans Hornets (1)
- New York Knicks (1)
- Pau Gasol (1)
- Peja Stojakovic (1)
- Rajon Rondo (1)
- Rasual Butler (1)
- Shannon Brown (1)
- Shaquille O´Neal (1)
- Shawn Marion (1)
- Steve Nash (1)
- Tim Duncan (1)
- Trevor Ariza (1)
- Vince Carter (1)
Arquivo do blogue
-
▼
2009
(37)
-
▼
novembro
(35)
- OS MAVERICKS ARRASAN HOUSTON
- CON WADE TODO É POSIBLE
- OS SIXERS TERÁN QUE SUAR PARA ESTAR NOS PLAY OFFS
- A EXTRAORDINARIA FAZAÑA DOS ´SEIS DE DALLAS`
- MATT BONNER ACABA COS BUCKS DENDE A LIÑA DE 3
- DARÁN ESTES CLIPPERS PARA SE METEREN EN PLAY OFFS?
- UN NOVO RETO PARA LARRY BROWN
- CON GASOL MUDA O CONTO E A CANASTRA IMPOSIBLE DE KOBE
- A IMPORTANCIA DE CHAUNCEY BILLUPS
- ORLANDO RECUPERA PEZAS E BRILLA DA MAN DE VINCE CA...
- NOWITZKI, GRAN PROTAGONISTA DO COMEZO DE TEMPORADA
- BRYANT TERMA DOS LAKERS MENTRES NON VOLTA GASOL
- MELO E NENÊ LIDERAN UNS NUGGETS ESPECTACULARES
- OS SUNS VENCEN EN HOUSTON GRAZAS Á... DEFENSA!!!
- OUTRA VEZ NOWITZKI!!!
- MERECIDA REVANCHA DOS ROCKETS CUN GRAN AARON BROOKS
- BRANDON JENNINGS PROTAGONIZA UN DÍA PARA A HISTORIA
- OS HAWKS DE JAMAL CRAWFORD DANSE UN SUBIDÓN DE AUT...
- SHAQ DESACTIVA A HOWARD E LEBRON E MO MACHACAN AOS...
- IMPÚXOSE TALENTO DE DALLAS E O PODERÍO DE DAMPIER
- NASH E OS TRIPLES IMPIDEN A VITORIA DOS SIXERS
- NOVA EXHIBICIÓN DOS MAVS NA VOLTA DE JOSH HOWARD
- LEBRON SEMPRE O PASA PIPA EN NEW YORK
- OS ROCKETS IMPARABLES BAIXO O ESPÍRITO SCOLA
- ACREDITO NOS NUGGETS PERO ESTE NON FOI O DÍA
- FENDAS NO QUICKEN LOANS ARENA
- ARIZA E ARTEST PROTAGONISTAS NUN PARTIDO VIBRANTE
- OS CELTICS VAN COMO MOTOS E A ´BOA ONDA´ ENTRE RAM...
- TERRY E BAREA PERDOAN, STOJAKOVIC NON
- PERO QUE FIXECHES NOWITZKI, ANIMAL!!!
- O BAIXÓN DOS JAZZ, A COMPETITIVIDADE ARXENTINA E O...
- PERO QUE PARTIDO TAN HORROROSO!
- DE 'DJALMINHA' DAVIS E O GRAN CHRIS KAMAN
- AS DÚBIDAS SOBRE ARTEST, A ESPERANZA MARION E O CH...
- PROMETEDORES BULLS, AVELLENTADOS SPURS E O IDILIO ...
-
▼
novembro
(35)
