Din que hai galegos na lúa, en Tahití, na Selva Amazónica coas tribos máis ignotas. Onde non hai galegos é na NBA, e non porque non puideran. O que si hai é unha chea de galegos que facemos as de dios por seguir esta Liga de horarios infernais
segunda-feira, 9 de novembro de 2009
NOVA EXHIBICIÓN DOS MAVS NA VOLTA DE JOSH HOWARD
Nova exhibición dos Mavericks, desta volta ante Toronto Raptors (101-129), o último equipo de Shawn Marion, no día da volta de Josh Howard, outro crack para engadir a un equipo que funciona de marabilla. As porcentaxes de acerto no partido dos homes de Carlisle foi extraordinaria: 62,4%, cun 50% (10 de 20) nos triples. Apenas lle deron opcións a uns Raptors que se sobreviviron no primeiro tempo foi grazas á súa maior intensidade á hora de ir polo rebote ofensivo, pero os canadenses adoecen dunha irregularidade francamente preocupante. O seu quinteto inicial con Calderón , Turkoglue, Bosh e Bargnani desborda talento, pero non conta con gran profundidade no banco e non se caracteriza precisamente pola súa agresividade. Todo o contrario que os Mavs, que morden, e onde salienta o gran Jason Terry, anotador insaciable -o sexto home máis anotador da Liga- onte 19 puntos cun 8-12 en tiros de campo-. Barea inchouse a dar asistencias (12), Singleton chegou aos dez puntos... e inda faltan por recuperarse das lesións Drew Gooden e Tim Thomas. Josh Howard estivo sensacional no seu retorno: 16 puntos. Howard ten un enorme talento pero adoita protagonizar numerosas polémicas extradeportivas. O ano pasado, despois de participar en carreiras ilegais e confesar a súa afición á marihuana, foi famosa esta, na que di pasar do himno dos Estados Unidos . Quitando o das carreiras ilegais, eu tampouco vexo que ten de malo o resto.
Etiquetas:
Dallas Mavericks,
Josh Howard,
Toronto Raptors
LEBRON SEMPRE O PASA PIPA EN NEW YORK
Non parece que este vaia ser o ano dos Knicks. Seguen en caída libre, esperando que no famoso 2010 se faga realidade iso do que falan moitos: a chegada de Lebron James ao Madison Square Garden. Non sei se será certo ou non que o MVP da Liga acabe xogando nos Knicks, pero si que é certo que cada vez que chega a Manhattan, Lebron ten ganas de pasalo ben. Onte comezou o partido anotando de todas as maneiras posibles, sen perder en ningún momento o sorriso da cara. Fixo 20 puntos no primeiro cuarto que serviron para romper o partido definitivamente (100-91) (Lebron acabou con 33 puntos, 8 rebotes e 9 asistencias). Con todo, o home chamado a dominar a NBA na vindeira década inda non conseguiu o máis prezado premio para un xogador profesional do baloncesto: o anel de campión e, honestamente, difícil vexo que poida conseguilo este ano, cun equipo estancado ao seu redor, inda que chegase Shaquille, na procura dun quinto anel para completar os dedos dunha man. Pola súa banda, os Knicks terán cáseque imposible chegar a playoffs. Alegres en ataque pero moito máis alegres en defensa, e con Nate Robinson lesionado, apenas lles queda a consistencia e intelixencia de David Lee no posto de 5 e a boa man cos triples do italiano Danilo Gallinari. Por iso devecen por Lebron, mentres que en Ohio non queren imaxinar a marcha do seu ídolo e paisano.
Etiquetas:
Cleveland Cavaliers,
Lebron James,
New York Knicks
OS ROCKETS IMPARABLES BAIXO O ESPÍRITO SCOLA
Os Rockets seguen indo cunha velocidade máis co resto da Liga. Xogan cada partido como se fose unha final de Conferencia e fan que o Toyota Center sexa a cancha máis estimulante deste comezo de campionato. Sen parar a pensar en que van ter que afrontar toda a temporada sen Yao Ming e case toda sen T-Mac, os homes de Adelman son un equipo conxuntado ao que lle gusta defender con intensidade e correr cada vez que teñen oportunidade en ataque. Non se relaxan nunca. Onte visitábanos os Oklahoma City Thunder, equipo prometedor pero novato aínda, e non lle deron a máis mínima oportunidade (94-105). unha vez máis ata cinco xogadores dos Rockets sumaron máis de dez puntos. Despois da exhibición ante Utah e de perder o partido ante os Lakers por molestias, volveu brillar o rookie, Chase Budinger, con 16 puntos en 21 minutos. Espectaculares estiveron Brooks e Lowry na dirección do xogo, mentres que Lowry foi todo un coloso baixo os aros, con 21 puntos e 9 rebotes (5 deles en atque). Con todo, o gran líder deste equipo segue sendo Luis Scola, todo un veterano inda que estea aínda no seu terceiro ano na Liga. Abonado ao doble-doble, onte fixo 19 puntos e 10 rebotes. Por parte dos Thunder, como era de esperar, toda a resposta dérona dous homes: Kevin Durant fixo 29 puntos e 7 rebotes, mentres que un gran Russell Westbrook anotou 3 puntos, deu 7 asistencias e apañou cinco rebotes. Como homenaxe a Scola recuperamos unha xogada de cando aínda andaba pola LEB, no Xixón Baloncesto, adestrado polo galego Moncho López.
Etiquetas:
Houston Rockets,
Luis Scola,
Oklahoma City Thunder
ACREDITO NOS NUGGETS PERO ESTE NON FOI O DÍA
Primeiro partido que lles vexo aos Nuggets. Honestamente acredito moito neste equipo e nas súas posibilidades de repetir ou mellorar a excelente temporada pasada na que disputaron ante os Lakers as finais de Conferencia. Este curso comezárono con cinco vitorias consecutivas pero no sexto decepcionaron. Perderon con claridade (88-96) na cancha duns Miami Heat que tamén comezan disparados e que non deberan ter demasiados problemas para estaren nos play offs. Liderados polo gran Dwayne Wade, os Heat son un conxunto cada vez máis sólido, con Jermaine O´Neal, Udonis Haslem ou Quentin Richardson achegando veteranía, e Mario Chalmers e Beasley a piques da súa explosión definitiva. Onte aos Nuggets non lles funcionou nada. Se cadra porque fallou o cerebro deste equipo frenético. Chauncey Billups tivo un partido para esquecer con apenas 6 puntos e 2 asistencias en 30 minutos. Tampouco foi o día de Nené, Andersen ou Kenyon Martin, que tivo que deixar o xogo mancado. Entrementres segue sendo baixa JR Smith. George Karl só poderá salvar do día de onte o acerto do gran Carmelo Anthony, que polo momento segue sendo o máximo anotador da Liga, e a boa acttude da segunda unidade, que encabezada por dúas incorporacións ben interesantes: o rookie Ty Lawson, campión con UCLA, e o ex dos Pistons Arron Afflalo, non deron nunca por perdido o partido e fixeron un meritorio último cuarto con parcial a favor de 32-18.
sábado, 7 de novembro de 2009
FENDAS NO QUICKEN LOANS ARENA
Os Cavs xa perderon en dúas semanas tantos partidos na súa cancha como en toda a pasada Liga Regular. Despois de que os Celtics profanaran 'the Q' na xornada inaugural, onte foi a quenda dos Chicago Bulls (86-85), nun partido duro, trabado, e no que Lebron James non puido decidir no último segundo grazas a unha intelixente defensa de Joakim Noah. Os Cavaliers empezan mal, xerando dúbidas sobre o verdadeiro potencial do plantel, con Mo Williams lonxe da súa mellor forma -onte errou dous tiros relativamente fáciles no último minuto- , Delonte West aínda non recuperado dos seus problemas psíquicos, Anthony Parker demostrando que non é xogador para un equipo campión e Zydrunas Ilgauskas lento, vello e fatigado. Apenas se salvan a intensidade de Varejao e os minutos de Shaq, que segue sendo imparable na pintura. Os Bulls, pola contra, seguen demostrando carácter e espírito de equipo. Derrick Rose non estivo brillante pero si cumpridor con 14 puntos e 11 rebotes, Luol Deng e John Salmons meteron canastras importantes cando había que metelas e, coma sempre, Hinrich e Brad Miller achegaron os seus minutos de calidade dende o banco.
ARIZA E ARTEST PROTAGONISTAS NUN PARTIDO VIBRANTE
Partidazo no Toyota Center! Que magoa que os Rockets non teñan este ano a Yao Ming, porque é un equipo que merece mellor sorte. Xa falei abondo sobre a intensidade e o espírito gañador deste equipo. Onte ante os Lakers deixárono todo na cancha para ofrecer un grande espectáculo. Só unha cousa se lles bota en falta, precisamente un home alto para defender a pivots como por exemplo Andy Bynum, que fixo moito dano en canto non estivo en cancha Chuck Hayes. Impresionante en todo caso, o partidazo de Carl Landry (20 puntazos) e de Luis Scola (16 puntos e 13 rebotes). Por desgraza o grande esforzo colectivo dos de Adelman non valeu de nada ante uns Lakers mediocres no que o único facho aceso tíñao o gran Kobe Bryant, que gañou so o partido (103-102) con 41 puntos -os Lakers deberan preocuparse pola pouca achega da súa segunda unidade-. Era un día con morbo, pois voltaba Artest a Houston e era o primeiro partido de Ariza contra o seu ex-equipo. Como se ve no vídeo, tiveron un papel determinante e francamente emotivo. As dúas últimas xogadas do último cuarto protagonizáronas eles: Artest cun triple parecía deixar sentenciado o partido. Na última xogada empata Ariza con outro triplazo. O Toyota Center cáseque se ven abaixo. Logo na prórroga a emoción foi máxima pero Kobe impuxo a súa lei.
Etiquetas:
Houston Rockets,
Los Angeles Lakers,
Ron Artest,
Trevor Ariza
sexta-feira, 6 de novembro de 2009
OS CELTICS VAN COMO MOTOS E A ´BOA ONDA´ ENTRE RAMBIS E MCHALE
Os Celtics van coma motos. Xa levan seis vitorias en seis partidos. A última (92-90) no Target Center de Minneapolis, ante os Timberwolves. Non necesitaron os de Massachussets facer un partido soberbio. Marcharon a maior parte do tempo atrás no marcador, pero a unha distancia suficiente como para dar a aguilloada no momento oportuno. Ten morbo cada vez que os Celtics visitan Minnesota pois alí se fixo grande Kevin Garnett. Fai tres temporadas o seu traspaso aos Celtics supuxo a chegada de sete xogadores de Boston aos Timberwolves. Onte xogaron dous: Ryan Gomes e Al Jefferson. Jefferson é, na actualidade o xogador franquía do equipo, un pívot completísimo que non desentonaría en absoluto nun equipo campión. Pero onte non estivo especialmente acertado ante os seus ex-compañeiros. Si o estivo, sorprendentemente, o ucraniano de Donetsk Oleksiy Pecherov, con 22 puntos e un partido excepcional, dos que non tivo oportunidade de xogar en Washington. Con todo, aos Timberwolves fáltanlles xogadores determinantes que gañen eles sós os partidos. Onte dispuxeron de posesión para empatar ou gañar. Intentouno Brewer pero Garnett, máis listo ca un allo, meteu a man e forzou un salto entre dous. Especialmente atinado para entender o que aconteceu durante o xogo o primeiro parágrafo da crónica da web oficial da NBA: As súas pernas foron o motivo polo que os Celtics estiveron a piques de perder por primeira vez este mércores. As súas cabezas o motivo polo que non o fixeron. Como anécdota dicir que o General Manager de Minnesotta é todo un mito dos Celtics, Kevin McHale. Este ano decidiu confiarlle o banco a todo un mito dos Lakers: Kurt Rambis. Vese que se levan ben. Ninguén o diría vendo esta lea durante as míticas finais da NBA de 1984.
Etiquetas:
Boston Celtics,
Kevin McHale,
Kurt Rambis,
Minnesota Timberwolves
Subscrever:
Mensagens (Atom)
Acerca de mim
Etiquetas
- Dallas Mavericks (10)
- Houston Rockets (8)
- Boston Celtics (5)
- Los Angeles Lakers (5)
- Cleveland Cavaliers (4)
- Denver Nuggets (4)
- Chicago Bulls (3)
- Dirk Nowitzki (3)
- Milwaukee Bucks (3)
- Oklahoma City Thunder (3)
- Orlando Magic (3)
- San Antonio Spurs (3)
- Golden State Warriors (2)
- Jason Terry (2)
- Kobe Bryant (2)
- Lebron James (2)
- Los Angeles Clippers (2)
- Luis Scola (2)
- Miami Heat (2)
- Philadelphia 76ers (2)
- Phoenix Suns (2)
- Portland Trail Blazers (2)
- Ron Artest (2)
- Toronto Raptors (2)
- Utah Jazz (2)
- Aaron Brooks (1)
- Alvin Gentry (1)
- Andre Miller (1)
- Atlanta Hawks (1)
- Baron Davis (1)
- Brandon Jennings (1)
- Carmelo Anthony (1)
- Charlotte Bobcats (1)
- Chase Budinger (1)
- Chauncey Billups (1)
- Chris Kaman (1)
- Detroit Pistons (1)
- Dwayne Wade (1)
- Dwight Howard (1)
- Eric Dampier (1)
- Indiana Pacers (1)
- J.J.Barea (1)
- JR Smith (1)
- Jamal Crawford (1)
- Josh Howard (1)
- Kevin Durant (1)
- Kevin McHale (1)
- Kurt Rambis (1)
- Larry Brown (1)
- Matt Bonner (1)
- Minnesota Timberwolves (1)
- Monta Ellis (1)
- Nenê Hilário (1)
- New Orleans Hornets (1)
- New York Knicks (1)
- Pau Gasol (1)
- Peja Stojakovic (1)
- Rajon Rondo (1)
- Rasual Butler (1)
- Shannon Brown (1)
- Shaquille O´Neal (1)
- Shawn Marion (1)
- Steve Nash (1)
- Tim Duncan (1)
- Trevor Ariza (1)
- Vince Carter (1)
Arquivo do blogue
-
▼
2009
(37)
-
▼
novembro
(35)
- OS MAVERICKS ARRASAN HOUSTON
- CON WADE TODO É POSIBLE
- OS SIXERS TERÁN QUE SUAR PARA ESTAR NOS PLAY OFFS
- A EXTRAORDINARIA FAZAÑA DOS ´SEIS DE DALLAS`
- MATT BONNER ACABA COS BUCKS DENDE A LIÑA DE 3
- DARÁN ESTES CLIPPERS PARA SE METEREN EN PLAY OFFS?
- UN NOVO RETO PARA LARRY BROWN
- CON GASOL MUDA O CONTO E A CANASTRA IMPOSIBLE DE KOBE
- A IMPORTANCIA DE CHAUNCEY BILLUPS
- ORLANDO RECUPERA PEZAS E BRILLA DA MAN DE VINCE CA...
- NOWITZKI, GRAN PROTAGONISTA DO COMEZO DE TEMPORADA
- BRYANT TERMA DOS LAKERS MENTRES NON VOLTA GASOL
- MELO E NENÊ LIDERAN UNS NUGGETS ESPECTACULARES
- OS SUNS VENCEN EN HOUSTON GRAZAS Á... DEFENSA!!!
- OUTRA VEZ NOWITZKI!!!
- MERECIDA REVANCHA DOS ROCKETS CUN GRAN AARON BROOKS
- BRANDON JENNINGS PROTAGONIZA UN DÍA PARA A HISTORIA
- OS HAWKS DE JAMAL CRAWFORD DANSE UN SUBIDÓN DE AUT...
- SHAQ DESACTIVA A HOWARD E LEBRON E MO MACHACAN AOS...
- IMPÚXOSE TALENTO DE DALLAS E O PODERÍO DE DAMPIER
- NASH E OS TRIPLES IMPIDEN A VITORIA DOS SIXERS
- NOVA EXHIBICIÓN DOS MAVS NA VOLTA DE JOSH HOWARD
- LEBRON SEMPRE O PASA PIPA EN NEW YORK
- OS ROCKETS IMPARABLES BAIXO O ESPÍRITO SCOLA
- ACREDITO NOS NUGGETS PERO ESTE NON FOI O DÍA
- FENDAS NO QUICKEN LOANS ARENA
- ARIZA E ARTEST PROTAGONISTAS NUN PARTIDO VIBRANTE
- OS CELTICS VAN COMO MOTOS E A ´BOA ONDA´ ENTRE RAM...
- TERRY E BAREA PERDOAN, STOJAKOVIC NON
- PERO QUE FIXECHES NOWITZKI, ANIMAL!!!
- O BAIXÓN DOS JAZZ, A COMPETITIVIDADE ARXENTINA E O...
- PERO QUE PARTIDO TAN HORROROSO!
- DE 'DJALMINHA' DAVIS E O GRAN CHRIS KAMAN
- AS DÚBIDAS SOBRE ARTEST, A ESPERANZA MARION E O CH...
- PROMETEDORES BULLS, AVELLENTADOS SPURS E O IDILIO ...
-
▼
novembro
(35)
