
Ao final gañaron os Blazers (87-96), que romperon o partido no segundo cuarto con Miller en cancha. Rompérono a base de correr. Inda que non todos. Para que os Blazers corran e chimpen cómpre que Miller xogue andando. É o que ten ser un xenio. Polo demais destacable o partido de Webster e Outlaw (máximo anotador con 23 puntos) e poderoso Greg Oden -esta pode ser a súa primeira gran temporada- no poste baixo (12 rebotes e 5 tapóns). Ante o poderío do pívot de Buffalo, xa naceu en sitio acaído, pouco puideron facer os pivots de Houston. Dous dos meus catros favoritos da Liga, Scola e Landry, tiveron un partido máis ben discreto. Destacable, porén, o debut de David Andersen. En canto a Ariza, empezou espectacularmente pero a partir do segundo cuarto xa non houbo máis noticias de Trevor.
Sem comentários:
Enviar um comentário